Arquivo para Maio 2010
¿Por que quería ser xornalista?
Nuhna nova entrega do blog do Galicia Hoxe, Xornalismo no futuro, os estudantes de Xornalismo seguen a dar as súas opinións do futuro do Xornalismo. Nesta ocasión, é a quenda de Alba Pinto e Manuel Rodríguez Santabaya.
Pola súa parte, Alba Pinto refírese ao sentimento de decepción dos estudantes de Xornalismo cando se atopan coa situación dos xornais. Para reflectir este sentimento aduce a un bo exemplo: un grupo do Facebook. Esta situación provocada polo estancamento do xornalismo (como di ela: “o vello Xornalismo xa e vello“) só pode ser revocada por unha refundación completa da profesión.
Manuel é moito máis crítico e denuncia o dobre discurso dos medios informativos actuais: “Éncheselle a boca con todas estas verbas coma liberdade de expresión, democracia,… Pero a verdade achégase máis a un xornalista que funciona como altofalante de gobernos e grandes corporacións, silenciando información argumentando esa falacia de obxectividade“.
A solución que achega Manuel: aproveitar a última oportunidade para reorientar as prácticas informativas, a rede.