Sólo otro weblog de WordPress.com

Arquivo para Marzo 2010

A interactividade dos lectores na edición dixital do Diario de Pontevedra

hai un comentario

A diferenza dun xornal impreso coa súa edición dixital reside principalmente na participación do usuario, dende o momento no que o lector pode elixir que noticias quere ler (a diferenza dos impresos, nos que hai que ir pasando as follas para atopar a noticia buscada), ate a mesma corrección dalgún dato mal referenciado dentro dalgunha noticia.

No que nos atinxe neste momento, a participación dos lectores no Diario de Pontevedra, atopamos que na portada da edición dixital xa vemos esa primeira interactividade básica ao estar todas as noticias de portada dispostas co seu titular, a través do cal o usuario elixirá a noticia que máis lle interese. En cada unha desas noticias, o diario permite a fecer comentarios (sempre que sexan respetuosos). Nalgúns medios dixitais estes comentarios non se publican instantanemente, senón que só despois de ser avaliados. Neste caso, no Diario de Pontevedra, os comentarios publícanse ao momento e o usuario dispón de tres minutos para modificar o que considere oportuno.

Por outra banda, aínda dentro dunha noticia, o usuario pode: aumentar o tamaño da letra para unha lectura máis cómoda; imprimir esa noticia a través dunha versión desa noticia xa editada para tal fin; envíar esa noticia vía e´mail a quen crea que lle poida interesar; e notificar unha corrección sobre algún dato erróneo ou algún erro ortográfico. Ademais, o usuario ten a oportunidade de envíar a noticia a través de varias redes de noticias como son Menéame, Chuza, Delicious, Technorati e Yahoo.

Volvendo á portada, esta edición dixital está disponible en castelán e en galego. É o usuario quen elixe en que lingua quere ver as distintas informacións. Neste apartado, hai que sinalar que as citas textuais dos protagonistas tamén cambian de idioma.

Aínda na portada, aparecen dous apartados que son típicos da participación dos usuarios  nos medios dixitais. Refírome ás típicas enquisas, nas que se elixe unha resposta entra varias opcións, e ao foro, no que o diario lanza unha pregunta e os usuarios participan mostrando a súa opinión persoal sobre o tema preguntado.

Na sección de opinión, os usuarios teñen a oportunidade de ser enlazados ao blogs persoais dos diferentes columnistas do diario e poder así continuar e aumentar a súa participación. Nesta sección de opinión, hai una especie de recolección de tódolos comentarios sobre diferentes noticias do día.

Por último, a edición dixital permite o rexistro como usuario, pero este rexistro non é dentro do Diario de Pontevedra, senón que é dentro de galiciae, que é onde se enmarca o dominio desta edición dixital, así como El Progreso e De luns a venres. De todas formas, non hai case diferenza entre visitar a páxina como visitante que como usuario rexistrado.

Escrito por cidremoz

3 Marzo, 2010 ás 11:41

Publicado en Sin categoría

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.